sábado, 6 de junio de 2009

Cora Ayude en Melide o dia 06/06/09


Video de Cora Ayude, loitadora da escola Ayude de Melide, competindo o dia 06/06/09 en Melide na liga alevin de loitas olimpicas.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Conde e Adolfo adestrando

Aqui tedes un adestramento de Conde e Adolfo, da Escuela Ayude, en Ourense na sede da Federación Galega de kickboxing, preparandose para o Campionato de España.

O "dream team" da loita Galega



A Escuela Ayude, de Melide, é o clube de kickboxing que máis medallas aportou a selección autonómica nos campionatos nacionais de ese deporte.
Son a élite do kickboxing galego. Así o demostraron subíndose ó podio nos dous campionatos nacionais que recentemente se celebraron en Madrid. Disputábanse as modalidades de semi e light contact dese deporte de combate e conseguiron do medalleiro tres ouros, unha prata e catro bronces, e catro ouros e unha prata, respectivamente. Mar Rivero Cabado, Arón Ayude Pallas, Cristina Cardeiro Regueiro, Cora Ayude Pallas, Bruno Agra García, Marcos Rúa García, Jose Conde Sánchez e Adolfo Prieto López forman o equipo que máis medallas aporta a selección galega de kickboxing.
Teñen entre 8 e 27 años e adestranse na Escuela Ayude, de Melide, distinguida como club máis laureado por unanimidade dos trinta e catro que están federados na comunidade. A praca que acredita o recoñecemento amosanola con orgullo José Ayude, o adestrador de esa canteira de campions do kickboxing, amén de seleccionador galego do deporte. Él non soio situou a os seus pupilos no máis alto, senon que tamén logrou, con igual empeño e tesón, que a disciplina deixe de ser minoritaria na localidade onde exerce a sua actividade profesional.
«O aporte que lles da a os nenos este tipo de deportes e importantísimo e proba de elo e que cada vez ten máis afición e que os pais manifestan un maior interése», comenta José Ayude, que compaxina os adestramentos os corenta alumnos matriculados na sua escola coas clases nas Escolas Deportivas Municipais. O kickboxing impartese por vez primeira este curso «e das vinte prazas que se ofertaron, vinte se cubriron», conta Ayude, que aplaude a implicación cun deporte que está convencido debera formar parte da ensinanza dos escolares. «Os nenos necesitan valores e ésta e unha boa forma de aprendelos xa que son disciplinas que inculcan seguridade en un mesmo, respecto cara os demáis, sacrificio, control e responsabilidade», afirma.
José Ayude defende as ventaxas do kickboxing e da loita olímpica, outra das disciplinas de combate na que os seus alumnos van no camiño de converterse en futuras promesas. Unha de elas xa o e. Será porque de casta lle ven a o galgo, pero Cora Ayude e, ademáis de medallista de ouro en kickboxing, campiona galega de loita olímpica na sua categoría. A os seus 12 anos, levouse, ademáis, un bronce no último campionato nacional do deporte, celebrado en Barcelona. A pequena di sentirse «afortunada, como se fora rica», pola satisfacción persoal que lle causa ver recompensado o seu traballo e esforzo.
(nova de Natalia Noguerol, copiada de La voz de Galicia)

miércoles, 28 de enero de 2009

ACTUALIZACIÓN DE ARBITRAXE


O pasado dia 24 a Escuela Ayude participou por medio do seu instructor Jose M. Ayude Lopez no curso de actualización de arbitaxe e de adestradores da federación Galega de kickboxing e DD.AA.
resultando APTO para participar en todo-los eventos organizados por esta Federación.

miércoles, 7 de enero de 2009

1ªXuntanza de loita olimpica en Melide.Escuela Ayude

UNa vez mais Melide convirtese en referente dos deportes de combate. Nesta xuntanza participaron loitadores de todas as idades, dende os cinco anos en diante, e de sete concellos como son o propio Melide, Palas de rei, Santiso, Boqueixon, Touro, Vila de cruces e Lalin, como se comprova xuntaronse concellos do centro de galicia e das provincias de lugo, Pontevedra e A coruña. A participacion foi moi ludica xa que os adestradores foron do mellor de galicia como son Moncho, Pallares, Guisi, Ayude, Juan, Poti e Adolfo.

viernes, 2 de enero de 2009

NAHUM DA ESCUELA AYUDE

BENVIDOS


Benvidos o blog da Escuela Ayude de Deportes de Combate, nel poderedes atopar todo o relacionado cos deportes de combate os que non adicamos, e teredes información actualizada de todos os eventos nos que participemos.

Esperamos que pasedes bos ratos navegando pola rede.

Un saudo. E.A.DD.C.