miércoles, 6 de mayo de 2009

Conde e Adolfo adestrando

Aqui tedes un adestramento de Conde e Adolfo, da Escuela Ayude, en Ourense na sede da Federación Galega de kickboxing, preparandose para o Campionato de España.

O "dream team" da loita Galega



A Escuela Ayude, de Melide, é o clube de kickboxing que máis medallas aportou a selección autonómica nos campionatos nacionais de ese deporte.
Son a élite do kickboxing galego. Así o demostraron subíndose ó podio nos dous campionatos nacionais que recentemente se celebraron en Madrid. Disputábanse as modalidades de semi e light contact dese deporte de combate e conseguiron do medalleiro tres ouros, unha prata e catro bronces, e catro ouros e unha prata, respectivamente. Mar Rivero Cabado, Arón Ayude Pallas, Cristina Cardeiro Regueiro, Cora Ayude Pallas, Bruno Agra García, Marcos Rúa García, Jose Conde Sánchez e Adolfo Prieto López forman o equipo que máis medallas aporta a selección galega de kickboxing.
Teñen entre 8 e 27 años e adestranse na Escuela Ayude, de Melide, distinguida como club máis laureado por unanimidade dos trinta e catro que están federados na comunidade. A praca que acredita o recoñecemento amosanola con orgullo José Ayude, o adestrador de esa canteira de campions do kickboxing, amén de seleccionador galego do deporte. Él non soio situou a os seus pupilos no máis alto, senon que tamén logrou, con igual empeño e tesón, que a disciplina deixe de ser minoritaria na localidade onde exerce a sua actividade profesional.
«O aporte que lles da a os nenos este tipo de deportes e importantísimo e proba de elo e que cada vez ten máis afición e que os pais manifestan un maior interése», comenta José Ayude, que compaxina os adestramentos os corenta alumnos matriculados na sua escola coas clases nas Escolas Deportivas Municipais. O kickboxing impartese por vez primeira este curso «e das vinte prazas que se ofertaron, vinte se cubriron», conta Ayude, que aplaude a implicación cun deporte que está convencido debera formar parte da ensinanza dos escolares. «Os nenos necesitan valores e ésta e unha boa forma de aprendelos xa que son disciplinas que inculcan seguridade en un mesmo, respecto cara os demáis, sacrificio, control e responsabilidade», afirma.
José Ayude defende as ventaxas do kickboxing e da loita olímpica, outra das disciplinas de combate na que os seus alumnos van no camiño de converterse en futuras promesas. Unha de elas xa o e. Será porque de casta lle ven a o galgo, pero Cora Ayude e, ademáis de medallista de ouro en kickboxing, campiona galega de loita olímpica na sua categoría. A os seus 12 anos, levouse, ademáis, un bronce no último campionato nacional do deporte, celebrado en Barcelona. A pequena di sentirse «afortunada, como se fora rica», pola satisfacción persoal que lle causa ver recompensado o seu traballo e esforzo.
(nova de Natalia Noguerol, copiada de La voz de Galicia)